Algúns membros do grupo participamos onte na VII edición do maratón de lectura do centro cívico de Os Mallos que forma parte da celebración do día das Letras Galegas deste ano, que está adicado a Lois Pereiro, e foi o seu irmán Xosé Manuel Pereiro  quen abriu o maratón despois da estupenda actuación da coral Saraiba.

A Manada leu o conto “Dona Carme”, de Manuel Bragado, que gustou moito ao público. A Tropa, a Esculta e o Clan completaron a nosa participación lendo tamén pequenos textos escollidos por eles mesmos e de moi diversos autores, aínda que o Clan tivo que facer un cambio de último momento, porque alguén leu o seu texto pouco antes da súa quenda! Verdade, Rafa?.

Aquí podedes ver unha completa galería de fotos da actividade

1 comentario

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *